segunda-feira, 9 de junho de 2014

Agradecementos polo proxecto eTwinning

Agora que o curso está a piques de rematar, e facendo un repaso do que aprendín durante este ano, decateime de que este proxecto é o que me proporcionou máis experiencias.
Gustaríame agradecer ao profesorado encargado del a posibilidade que nos dan de traballar en proxectos deste tipo e tamén felicitar a todo o alumnado participante polo seu bo traballo.

De todas as tarefas que houbo que realizar durante o curso, esta foi a que me motivou para aprender pola miña conta (en concreto, administración de OpenERP) e, dada a velocidade á que avanzan as cousas hoxe en día, para min o feito de aprender a buscar e investigar por min mesmo é algo máis que necesario.

Grazas por esta posibilidade de participar nun proxecto "real", en grupo e con alumnado doutros centros e outros estudos diferentes. Realmente foi un pracer.

Supoño que non é doado coordinar todos os centros e cursos que participan no proxecto para que se poida rematar a tempo e, polo tanto, moitas grazas e oxalá sigades a crear proxectos coma este para futuros alumnos.

Un saúdo!