segunda-feira, 24 de março de 2014

Presentación de Jesús, Jose e Daniel

Bos días.
Somos Jesús Romero, da Pobra do Caramiñal (47 anos); José Rico, da Estrada (33 anos) e Daniel Rodríguez, de Vigo (24 anos).

Estamos a estudar o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma a distancia no IES San Clemente de Santiago.

O noso papel neste proxecto consistirá en analizar as necesidades da empresa e instalar e configurar un sistema de xestión empresarial chamado OpenERP, ao que engadiremos todas as funcionalidades que necesite EuroPescaVET para xestionar todo, dende o produto até os clientes.

Un saúdo e esperamos que vos resulten interesantes os nosos traballos.


Daniel, Jesús e José


Sem comentários:

Enviar um comentário