Damos a benvida aos participantes de Leiría, que manifestaron o seu interese en comunicarnos en galego, ademais de facelo en español e portugués.
O galego e o portugués foron a mesma lingua até o século XV. Desde entón, foron evolucionando de forma separada, mais o galego tivo moita influencia do español.
Cando os escritores galegos comezaron a escribir en lingua galega no século XIX, utilizaron a única ortografía que coñecían, a do español. Esa converteuse na norma oficial, mais existe outra norma próxima ao portugués padrón.
É un feito que o galego e o portugués son linguas próximas e hai movementos e institucións que propoñen tirar partido desta vantaxe.
Sem comentários:
Enviar um comentário